Anuncio do 23 de
decembro de 2009, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde,
relativo á publicación de puntuacións provisorias e á anulación de preguntas
dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de
Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro)
A
base sexta A) da resolución
da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG
nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca
Concurso-Oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que trala realización dos
exercicios de oposición os aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles
para presentar reclamacións ao mesmo.
Se o tribunal, de oficio ou en base ás
reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas
nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos
distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos
servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego
de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es.
Á
vista das impugnacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou a súa
plantilla definitiva de respostas correctas, polo que procede agora darlle
publicidade ás listaxes de puntuacións provisorias outorgadas aos aspirantes,
facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que,
ANUNCIA:
Primeiro.-
Publicar as puntuacións provisorias dos exercicios da fase oposición acadadas
polos aspirantes presentados das categorías de albanel, calefactor/a,
carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, electricista, enfermeiro/a
especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), enfermeiro/a especialista
en saúde mental, enxeneiro/a técnico/a, fisioterapeuta, fontaneiro/a, grupo
administrativo da función administrativa, grupo auxiliar da función
administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da
funcion administrativa, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro,
perruqueiro/a, persoal de enfermería (ats/due), persoal de servizos xerais,
pinche, técnico/a de xestión de sistemas e t.i., técnico/a en coidados
auxiliares de enfermería, técnico/a especialista de sistemas e t.i., técnico/a
especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en
hixiene bucodental, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico,
técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a
especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e t.i.,
telefonista, terapeuta ocupacional e traballador/a social, de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, confirmándose
as plantillas de respostas correctas.
A estimación ou
desestimación das reclamacións presentadas á plantilla de respostas correctas
entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.
Segundo.- Contra esta
exposición os interesados poderán presentar ante o tribunal reclamación
soamente contra erros aritméticos da puntuación obtida, dende o día seguinte ao
da súa publicación e ata o 15 de xaneiro de 2010 (inclusive).
Santiago de
Compostela, 23 de decembro de 2009.
Asdo.: Esperanza Fernández Lago.
DIRECTORA DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.